Inmobiliaria en Santiago de Compostela

Inmobiliaria en Santiago de Compostela

2 huéspedes

Fanse valoracións iniciais das vivendas. Se ten a súa vivenda á venda ou está a pensar en vendela, facemos a valoración da mesma.

Compra-venda e alugueiro de inmobles

Compra-venda e alugueiro de inmobles

Inmobiliaria "ReyXestión" é unha empresa fundada no ano 2001, formada por personal con ampla experiencia no mundo inmobiliario, implicados no traballo que se realiza. Facemos propia a experiencia de intermediación para conseguir os mellores resultados para todas as partes.

Un dos puntos distintivos da nosa inmobiliaria en Santiago de Compostela é o trato cos clientes, que sempre se fai con rigor profesional, á vez que con empatía e familiaridade.

O método de traballo faise dende a claridade, transparencia e sinceridade. Para a súa tranquilidade en todas as cuestións de venda e aluguer de inmobles, visite a inmobiliaria "ReyXestión".

Coñeza máis sobre ReyXestión

Coñeza máis sobre ReyXestión

A nosa inmobiliaria en Santiago de Compostela foi fundada por Cristina e Rafael Rodríguez Rey, continuando na actualidade por Rafael.

Encargámonos da intermediación para a adquisición e venda de inmobles, así como tamén de todas as labores de xestión e alugueres de pisos e locais.

En "ReyXestión" ofrecemos asesoramento xurídico preciso e eficaz, da man de grandes expertos.

As xestións inmobiliarias realízanse de forma profesional e sen risco. Garantizámoslle seguridade xurídica en tódalas actuacións, asegurando que toda a documentación e trámites sexan os idóneos para a satisfacción de ambas partes.

Contactar

Rafael Rodríguez Rey

Rafael R. Rey, xerente da Inmobiliaria "ReyXestión", con ampla traxectoria profesional no sector e con aptitudes e cualidades óptimas para se poder encargar de tarefas de intermediación de vendas e alugueres.

Un profesional de gran formación e preparado para asesoralo en todos os trámites e cuestións que precise no ámbito inmobiliario.

*Fotografía realizada por Paco Rodríguez

Rafael Rodríguez Rey

Inmobles destacados

PISO IDEAL FUNCIONARIOS E PROFESIONAIS no Campus Norte - San Caetano (Santiago) - Santiago de Compostela
Transporte urbano cercano
Bien comunicada
Vivienda céntrica
Especial profesores
Alquiler
326

PISO IDEAL FUNCIONARIOS E PROFESIONAIS no Campus Norte - San Caetano (Santiago)

850€/mes

CONTRATO ANUAL. IMPRESCINDIBLE APORTAR INFORMACIÓN LABORAL E NÓMINAS (DURACIÓN MINIMA 1 ANO). FIANZA 2 MESES. NON SE ADMITEN MASCOTAS. CONTACTO POR WHATSAPP: SEIS, 3, CERO, 0, OITO, 5, SEIS, 7, OITO Se buscas un piso luminoso, cómodo e nunha das zonas máis prácticas de Santiago de Compostela, esta vivenda na Avenida de Salamanca pode ser exactamente o que precisas. A vivenda distribúese en tres habitacións, un baño, sala de estar e cociña. A súa distribución resulta especialmente cómoda para o día a día, xa que combina unha sensación de amplitude e conexión entre os espazos sen perder a independencia das distintas estancias. A decoración moderna e os acabados actuais crean un ambiente cálido e agradable desde o primeiro momento.   Situado nunha segunda planta, nun edificio sen ascensor pero con escaleiras cómodas e descansadas, este piso presenta unha imaxe renovada e moi agradable, con importantes melloras realizadas recentemente que lle achegan un estilo actual e acolledor. Está listo para entrar a vivir e moitos dos seus espazos practicamente están para estrear.   Un dos aspectos que máis chama a atención é a luz natural. O piso é totalmente exterior e está orientado cara á fachada traseira do edificio, o que lle proporciona unha gran luminosidade ao longo do día e unha agradable entrada de sol. Esta orientación tamén permite desfrutar dun ambiente máis tranquilo, afastado do ruído das zonas con máis tránsito.   A Avenida de Salamanca é unha das localizacións máis interesantes da cidade pola súa situación estratéxica. Atópase entre o Campus Norte universitario, o casco histórico e San Caetano, sede de numerosos organismos da Xunta de Galicia. Vivir aquí significa poder desprazarse facilmente a pé ou en poucos minutos aos principais puntos administrativos, educativos e culturais de Santiago.   Por esta razón, a vivenda resulta especialmente atractiva para profesorado universitario, docentes de instituto, investigadores, persoal da administración pública, funcionarios ou profesionais que valoren a comodidade de vivir preto do seu lugar de traballo. Tamén é unha excelente opción para quen simplemente queira desfrutar dunha zona ben comunicada, consolidada e con todos os servizos ao alcance da man.   Nos arredores atopamos supermercados, farmacias, transporte público, centros educativos, instalacións deportivas e zonas verdes, ademais da proximidade ao centro histórico de Santiago, onde poder gozar da súa oferta cultural, gastronómica e comercial sen necesidade de utilizar o coche.   En definitiva, unha vivenda cómoda, luminosa e cunha situación privilexiada dentro da cidade, ideal para quen busca calidade de vida, tranquilidade e a comodidade de telo todo preto.   Para máis información ou para concertar unha visita, non dubide en contactar connosco. ReyXestión 630 08 5678, na rúa Vista Alegre 100 baixo, Santiago. 

  • 78m²
  • 3 habs.
  • 1 baños
Santiago de Compostela
  • Armarios empotrados
  • Amueblado
  • Exterior
SON DO CAMIÑO. APARTAMENTO ALQUILER POR DIAS EN PELAMIOS (CAMPUS NORTE) - Santiago de Compostela
Vivienda céntrica
Especial estudiantes
Zona escolar
Bien comunicada
Casco antiguo
  • Novedad
Alquiler
204

SON DO CAMIÑO. APARTAMENTO ALQUILER POR DIAS EN PELAMIOS (CAMPUS NORTE)

100€/mes

SON DO CAMIÑO. SE ALQUILA APARTAMENTO POR DIAS. VERANO. Se alquila estudio amueblado en Pelamios, zona Campus Norte, amueblado y equipado. Cuenta con wifi.   Contacto por whatsapp: 6, TRES, 0, CERO, 8, CINCO, 6, SIETE, 8

  • 30m²
  • 1 habs.
  • 1 baños
Santiago de Compostela
  • Armarios empotrados
  • Amueblado
  • Exterior
  • Calefacción
Véndese SOLAR EDIFICABLE en Carballo (A Coruña)
Bien comunicado
Transporte urbano cercano
Céntrico
Vistas a la montaña
  • Novedad
  • Oportunidad inversores
Venta
297

Véndese SOLAR EDIFICABLE en Carballo (A Coruña)

95.000

SOLAR EDIFICABL á venda en Carballo, nunha localización moi céntrica, situado a poucos pasos da Casa do Concello e da Praza de Abastos, o que o coloca nun dos ámbitos con maior actividade peonil, comercial e administrativa da vila, unha contorna consolidada con todos os servizos, comercio de proximidade, restauración e vida diaria activa durante todo o ano. A parcela conta cunha superficie de 128 m² e atópase en esquina, unha característica especialmente valiosa desde o punto de vista edificatorio, xa que mellora a iluminación natural, a ventilación cruzada e a visibilidade da futura construción, ademais de permitir unha fachada máis atractiva e representativa. Existe a posibilidade de edificar BAIXO + 4 PLANTAS en altura, o que abre a porta a un proxecto residencial plurifamiliar, a combinación de locais en planta baixa con vivendas nas plantas superiores ou incluso a un edificio de uso mixto, opcións moi demandadas en zonas céntricas; a orientación da esquina considérase idónea, favorecendo a entrada de luz nas futuras vivendas e mellorando a eficiencia e calidade dos espazos interiores. Desde o punto de vista do investimento, trátase dun solar con alto potencial de rendibilidade, xa que a localización céntrica garante demanda tanto en venda como en aluguer unha vez edificado, e a edificabilidade en varias alturas permite optimizar ao máximo a superficie construída e o retorno da operación; os posibles usos inclúen promoción de vivendas para venda, edificio para aluguer residencial, ou desenvolvemento mixto con local comercial en planta baixa aproveitando o tránsito da zona. Para máis información deste solar, contacta connosco directamente. ReyXestión630 08 56 78

  • 128m²
GRABADOR MANUEL FACAL 23
  • Edificable
  • Edificable
SAN XOAN - PISO DE 3 DORMITORIOS EN VENTA - Santiago de Compostela
Transporte urbano cercano
Zona aparcamiento público
Zona escolar
Zona universitaria
Zona tranquila
Bien comunicada
  • Novedad
  • Oportunidad
Venta
328

SAN XOAN - PISO DE 3 DORMITORIOS EN VENTA

285.000

PISO DE 3 DORMITORIOS A LA VENTA EN ZONA VISTA ALEGRE Vivienda totalmente reformada. Dispone de 3 dormitorios, salón, cocina,,tendal, baño y aseo. A la entrada, se encuentra el hall que comunica con un aseo de servicio y la cocina. Dicha cocina posee muebles altos y bajos y todos los electrodomésticos (nevera, vitro, horno, campana y lavavajillas. A continuación, se encuentra el tendal, espacio muy útil para poder secar la colada ya que se encuentra totalmente ventilado. (no incluye lavadora). A continuación, se encuentra el salón con amplia ventana al exterior y espacio suficiente para un gran sofá, mueble tv. (esos dos elementos, están dentro del precio) y mesa amplia de comedor. A través de este espacio, se accede a los dormitorios. El principal, posee un amplio armario empotrado. Los otros dos, útiles como dormitorio infantil, de invitados o estudio. Estos dormitorios, también poseen armario empotrado. El baño se encuentra totalmente reformado y dispone de plato de ducha grande. La vivienda es totalmente exterior, posee luz natural en todas las estancias. La reforma fue completa y se realizó hace unos pocos años. Baños nuevos, armarios empotrados, tarima, puertas lacadas blanco, climalit doble acristalamiento oscilobatiente, calefacción de gas natural, puerta blindada. El precio incluye plaza de garaje en el sótano del edificio y trastero en el bajo cubierta. El ascensor, accede a todas las plantas. El edificio tiene renovado el tejado, portal y maquinaria del ascensor.  

  • 85m²
  • 3 habs.
  • 2 baños
Santiago de Compostela
  • Garaje
  • Armarios empotrados
  • Puerta blindada
  • Trastero
  • Ascensor
  • Exterior
  • Calefacción
ARTURO CUADRADO MOURE - CHALET ADOSADO EN ZONA NORTE - Santiago de Compostela
Zona tranquila
Transporte urbano cercano
Zona universitaria
Bien comunicada
  • Novedad
  • Recomendado
  • Oportunidad
Venta
329

ARTURO CUADRADO MOURE - CHALET ADOSADO EN ZONA NORTE

450.000

CHALET ADOSADO EN ZONA NORTE DE SANTIAGO Se vende chalet adosado de 3 plantas en una de las urbanizaciones más demandadas de zona norte. Son pocas las viviendas disponibles de este tipo en nuestra ciudad. Ideales para familias con niños por el espacio que posee el inmueble o para personas que desean vivir en una zona tranquila pero sin alejarse de la ciudad.  La zona posee todos los servicios cerca, bus urbano, zonas verdes, supermercados, farmacia, colegios... La vivienda posee dos entradas, la principal comunica con la planta baja de la vivienda que posee a la entrada un patio, con las ventajas de tener un espacio al aire libre. La cocina se entrega totalmente amueblada y equipada, posee muebles altos y bajos, vitro, horno, campana, nevera y lavavajillas. El salón- comedor es lo suficientemente amplio para amueblar con un amplio sofá y a su vez disponer de mesa de comedor. Su gran ventana al exterior, le proporciona sol toda la tarde. En esta planta dispone de un aseo de servicio. La planta superior dispone de 3 dormitorios, el principal con baño ensuite. Los otros dos, también de gran tamaño. Todos ellos con armario empotrado. El bajo cubierta está habilitado como dormitorio/estudio, con múltiple espacio de almacenamiento. Por la parte trasera de la vivienda, se puede acceder al garaje, en el que pueden acomodarse dos coches a parte de zona d almacenaje. Existe también la zona de lavandería, ventilada de manera natural y donde está instalada, la lavadora, secadora y la caldera (a gas natural). Dispone de armarios altos y bajos para almacenaje. La vivienda posee mejoras respecto a las que se entregaron de origen (puertas de roble, alicatados más actuales, detalles de escalera, ventanas oscilobatientes) Gran oportunidad de adquirir una vivienda unifamiliar en una zona tranquila pero sin alejarse de la ciudad y con todos los servicios cerca

  • 180m²
  • 4 habs.
  • 3 baños
Santiago de Compostela
  • Armarios empotrados
  • Garaje
  • Exterior
  • Calefacción
  • Terraza
  • Amueblado sólo cocina
  • Trastero
  • Patio
  • Lavadero
Habitacións desde 350 € nunha das mellores zonas de Santiago  - Santiago de Compostela
Bien comunicada
Vivienda céntrica
Alquiler
327

Habitacións desde 350 € nunha das mellores zonas de Santiago

350€/mes

Se estás a buscar unha habitación cómoda, ben situada e lista para entrar a vivir en Santiago de Compostela, esta pode ser unha excelente oportunidade. Ofrecemos alugueiro por habitacións nun amplo piso situado na Avenida Rodríguez de Viguri, unha das zonas mellor comunicadas da cidade, con fácil acceso ao casco histórico, ao Campus Norte, ao complexo administrativo de San Caetano e ás principais entradas e saídas de Santiago.   A vivenda atópase nunha quinta planta e conta con catro habitacións de diferentes características, adaptándose ás necesidades de cada inquilino. É unha opción ideal para estudantes universitarios, opositores, profesorado, persoal sanitario, funcionarios ou profesionais desprazados que busquen un ambiente tranquilo e unha excelente localización para o seu día a día.   As habitacións dispoñibles son: • Habitación laranxa: cama de 105 cm. Renda mensual: 350 €. • Habitación verde: cama de 135 cm. Renda mensual: 400 €. • Habitación amarela: cama de 135 cm. Renda mensual: 400 €. • Habitación azul: cama de 135 cm. Renda mensual: 450 €. Permítese fumar unicamente na galería, nunca nas zonas comúns da vivenda. O alugueiro inclúe o dereito de uso da cociña e dos dous baños compartidos. O salón non forma parte das zonas de uso común, co obxectivo de garantir un ambiente máis tranquilo e favorecer a boa convivencia entre os residentes. Para maior comodidade, a vivenda conta cun servizo semanal de limpeza das zonas comúns (cociña e baños), cuxo custo se reparte proporcionalmente entre as habitacións ocupadas. Tamén dispón de conexión WiFi de alta velocidade e os consumos de electricidade, auga e gas distribúense de forma proporcional entre os inquilinos. Adicionalmente se precisas praza de garaxe, están dispoibles dúas prazas, unha seguida da outra no sótano do edificio, por un prezo de 60 € mensuais c/u.    A Avenida Rodríguez de Viguri destaca pola súa excelente comunicación co resto da cidade e pola proximidade ao Campus Norte, San Caetano e o casco histórico de Santiago. Nos seus arredores atoparás supermercados, farmacias, transporte público, zonas verdes e todos os servizos necesarios para vivir con comodidade, tanto se estudas como se traballas.   Se buscas unha habitación nun piso ben situado, cun ambiente tranquilo, boa convivencia e todas as comodidades para instalarte desde o primeiro día, esta é unha magnífica oportunidade. Para máis información ou para concertar unha visita, non dubide en contactar connosco. ReyXestión 630 08 5678, na rúa Vista Alegre 100 baixo, Santiago.

  • 150m²
  • 4 habs.
Santiago de Compostela
  • Exterior
  • Galería
  • Garaje
  • Ascensor
LOCAIS EN VENTA EN VISTA ALEGRE, 246 m², Campus Norte de Santiago - Santiago de Compostela
Bien comunicado
Transporte urbano cercano
Zona escolar
Zona aparcamiento público
Zona universitaria
Zona comercial
  • Oportunidad inversores
Venta
325

LOCAIS EN VENTA EN VISTA ALEGRE, 246 m², Campus Norte de Santiago

270.000

Dous amplos locais comerciais situados no baixo dun edificio na rúa Bispo Diego Peláez  (Vista Alegre), cun prezo conxunto de 270.000 €.   Trátase de dúas fincas rexistrais independentes: o baixo de obra cunha superficie de 108 m², é o antigo negocio de hostalería cunha superficie de 138 m² ; permitindo unha explotación conxunta como por separado, segundo as necesidades do proxecto empresarial. Os locais contan con accesos e fachadas tanto a rúa Bispo Diego Peláez como cara á rúa de Noia, zona con boa visibilidade e comunicación dentro da cidade.   Un dos locais albergou anteriormente unha actividade de hostalaría, mentres que o segundo atópase actualmente en estado de obra. Ambos precisan acondicionamento para a posta en funcionamento dunha nova actividade, circunstancia que ofrece ao comprador a vantaxe de adaptar os espazos ás necesidades concretas do seu negocio desde o primeiro momento. Contan con 2 chemineas e saída de gases.   A situación do inmoble resulta especialmente interesante pola súa proximidade ao centro urbano de Santiago de Compostela, así como aos principais barrios residenciais da cidade. Vista Alegre é un barrio dentro da malla urbana de Santiago, con enorme potencial residencial e comercial, así como a influencia do Campus Norte Universitario, e a 10 minutos do edificio administrativo da Xunta de Galicia. Conta con tódolos servizos necesarios, transporte público e boas conexións coas principais vías de acceso á cidade, factores que favorecerían o desenvolvemento de actividades comerciais e profesionais nestes locais.   As dimensións dos locais e a súa configuración permiten unha gran variedade de usos compatibles de ámbito comercial e terciario. Entre as posibilidades máis atractivas destacan a implantación dun centro de día para persoas maiores, centro de atención especializada, clínica de fisioterapia ou rehabilitación, centro médico, academia de formación, centro de estudos, espazos para actividades deportivas ou de benestar, oficinas profesionais, coworking, sede empresarial, centro loxístico urbano, almacén con atención ao público, showroom comercial ou establecementos relacionados coa hostalaría e restauración, (aproveitando especialmente o feito de que un dos locais xa contou con licencia de actividade). Tamén representan unha excelente oportunidade para empresas que precisen amplas superficies diáfanas para desenvolver actividades comerciais, exposición de produtos, talleres autorizados compatibles coa normativa urbanística, espazos culturais, centros asociativos ou proxectos orientados aos servizos persoais e profesionais. O feito de dispoñer de dúas fincas independentes permite incluso destinar cada unha a unha actividade distinta, arrendar unha delas para obter rendibilidade adicional ou desenvolver proxectos empresariais de maior dimensión mediante a súa utilización conxunta. Os locais non están destinados a uso residencial, nin aloxamento turístico, polo que a súa principal fortaleza reside precisamente nas amplas posibilidades de explotación comercial, profesional, sanitaria, asistencial ou de servizos que ofrecen os seus máis de 246 m² totais aproximadamente.   Esta é unha excelente oportunidade para inversores, emprendedores e empresas que busquen un inmoble con gran superficie, múltiples posibilidades de adaptación e unha localización consolidada dentro de Santiago de Compostela.   Un activo versátil con potencial para desenvolver proxectos de longo percorrido nunha das cidades con maior dinamismo económico, universitario e administrativo de Galicia. Para máis información ou para concertar unha visita, non dubide en contactar connosco.  ReyXestión 630 08 5678, na rúa Vista Alegre 100 baixo, Santiago.

  • 246m²
bispo diego peláez 5
DÚPLEX CON GARAXE NO CORAZÓN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA (Catedral a 3 min.)
Zona universitaria
Transporte urbano cercano
Vivienda céntrica
Zona aparcamiento público
Bien comunicada
Casco antiguo
  • Oportunidad inversores
Venta
324

DÚPLEX CON GARAXE NO CORAZÓN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA (Catedral a 3 min.)

260.000

Amplo dúplex na Rúa Morón, en Santiago de Compostela con praza de garaxe íncluido, cunha distribución práctica e funcional pensada para ofrecer comodidade tanto a familias como a investidores. A vivenda distribúese en dúas plantas: na planta baixa conta cun luminoso salón con ventás verticais, cociña independente, unha habitación e un aseo, mentres que na planta alta dispón de dúas habitacións adicionais con ventás velux, un baño completo e un patio privado onde se sitúa a caldeira, achegando un espazo adicional versátil. A localización desta propiedade é un dos seus maiores atractivos. Situada nunha zona tranquila e consolidada de Santiago de Compostela, combina a comodidade dun entorno residencial coa proximidade ao centro histórico e aos principais puntos de interese da cidade. A poucos minutos atópanse a emblemática Catedral de Santiago e toda a actividade cultural, comercial e turística que converte a cidade nun dos destinos máis visitados de Europa. Esta situación estratéxica permite desfrutar da tranquilidade do día a día sen renunciar aos servizos e oportunidades que ofrece o centro urbano. Un dos elementos máis destacados da contorna é a ampla zona verde do parque Vista Alegre / Finca Simeón (onde se atopan os Altos Estudos Musicais, o Conservatorio e o Campus Norte da USC) fronte ao inmoble, un espazo ideal para familias con nenos, persoas que practican deporte ou simplemente para quen busca calidade de vida e contacto coa natureza sen saír da cidade. Ademais da proximidade da rúa Galeras, a zona conta con supermercados, centros educativos, servizos sanitarios, transporte público e excelentes comunicacións co resto da cidade e coas principais vías de acceso. As características da vivenda e a súa localización fan que se adapte perfectamente a diferentes perfís. Como vivenda habitual, ofrece o espazo necesario para unha familia que busque comodidade, tranquilidade e servizos próximos. Como investimento, presenta múltiples posibilidades grazas á elevada demanda residencial existente en Santiago de Compostela. A súa proximidade ás facultades e centros universitarios convértea nunha excelente opción para alugueiro a estudantes, un mercado especialmente dinámico durante todo o ano académico. Do mesmo xeito, a cercanía ao centro histórico e á Catedral fai que tamén resulte atractiva para explotación turística, aproveitando o constante fluxo de visitantes nacionais e internacionais que recibe a cidade. Investir nun inmoble destas características en Santiago de Compostela supón apostar por unha das cidades con maior estabilidade de demanda inmobiliaria de Galicia. A combinación de espazos amplos, boa distribución, zona verde fronte á vivenda, proximidade ao centro histórico e múltiples posibilidades de rendibilización converten este dúplex nunha oportunidade moi interesante tanto para residencia habitual como para investimento patrimonial a longo prazo. Non perdas a oportunidade de coñecer esta vivenda e descubrir todo o potencial que ofrece nunha das localizacións máis demandadas de Santiago de Compostela. Para máis información, non dubides en contactar connosco. (Visitas a partir do 1 de xullo). ReyXestión 630 08 5678, na Rúa Vista Alegre 100 baixo, Santiago.

  • 86m²
  • 3 habs.
  • 2 baños
Santiago de Compostela
  • Armarios empotrados
  • Patio
  • Garaje
  • Calefacción
  • Exterior
  • Amueblado

Que servizos ofrecemos?


Venda de inmobles

Encargámonos de tódalas xestións para poder vender ou mercar un inmoble, cubrindo todos os trámites precisos nesta cuestión.

Aluguer de inmobles

Podemos atopar o inquilino máis adecuado para o seu inmoble, con tódalas garantías, para a súa tranquilidade (elaboración do contrato de aluguer, depósito fianza na Xunta, seguro de impagos,...).

Dispoñemos dunha bolsa de inmobles en aluguer, para axudar á selección a inquilinos demandantes.

Peritacións inmobiliarias

Somos membros da Asociación Española de Peritos Tasadores Judiciales. Elaboramos de Informes de Valoración de Bens Inmobles.

Asesoramento inmobiliario

Preocupámonos de realizar e asesorar correctamente todos os trámites relacionados en contratos de aluguer, contratos de arras, xestión de alugueres...

Coñeza máis sobre ReyXestión

Dende Santiago de Compostela abrimos unha ventá cara o futuro, ante un tempo novo de aire fresco

Cruzar Santiago de Compostela é un paso á historia, onde cohabita a tradición, a cultura, a pedra e tamén a choiva. Un paso cara o futuro.

Contactar

Actualidade en Facebook

Facebook

Facebook de ReyXestión, inmobiliaria en Santiago

Coñeza a oficina de ReyXestión

Dispoñemos de oficina física, para a atención e servizo dos nosos clientes, situada na zona Norte de Santiago de Compostela, a 15 minutos do Casco Histórico da cidade, sita na rúa Vista Alegre nº 100 baixo.

Desexa máis información?

Se quere saber máis sobre os nosos servizos inmobiliarios, non dubide en poñerse en contacto. Na inmobiliaria "ReyXestión" en Santiago estamos á súa disposición.